Player_logo Podcasts Community Create a Podcast
Parolando 198, 19 de xaneiro de 2012
January 26, 2012 09:35 AM PST
itunes pic

O magazine sociocultural dirixido por Pepe Peinó está a piques de chegar ao bicentenario con máis saúde e vitalidade que nunca. Este megaprograma divídese en varias seccíos ao longo de case tres horas de programa semanalmente. Este último xoves Sabela invita á responsable do equipo de Innovación Educativa de IES Perdouro de Burela, María Xosé Andión, Matías sube ao desván a Xosé Chao, tesoreiro da AC Amigos da Cidade de Mondoñedo. No debate sobre a crise que pode afectar ao investimento cultural na provincia de Lugo; participan Antón Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, Rocío Rivera de Ledicia de Burela e Ramiro de Fervenza de Xove.

A cova dos sons. Capítulo 10
January 24, 2012 09:25 AM PST
itunes pic

Imprescindible o programa ideado e conducido por Jacobo Rivas que fai un áxil e esencial revisitación a música galega empezando polos integrantes do colectivo Voces Ceibes, Benedicto, Miro Casabella, Xerardo Moscoso, Bibiano, Suso Vaamonde, Xavier del Valle intérpretes de canción protesta nos 70, Andrés do Barro é o seu festivo e exitoso tren, o folk de Fuxan os Ventos, Quenlla, Milladoiro ata o máis moderno rock bravú dos 90 con Os Diplomáticos, O Caimán do río Tea, Herdeiros da Crus (felizmente de novo nos escenarios), o metal de Desequilibrio Mental. Un programa enciclopédico, mestura de estilos e épocas da música feita en Galicia e en galego.

Misterios. A orixe da linguaxe, 18-01-2012
January 21, 2012 04:22 AM PST
itunes pic

Eduardo Dominguez e Pepe Peinó debullan a orixe da linguaxe humana, un verdadeiro misterio do que apenas somos conscientes.

Voyage Voyage, Irlanda, 04/01/2012
January 16, 2012 10:20 AM PST
itunes pic

Programa dedicado á bela Irlanda con Ana Val e Pepe Peinó como conductores e María Quirós e Bea Yañez como invitadas.

III Certame de Panxoliñas, 6 de xaneiro de 2012
January 12, 2012 09:09 AM PST
itunes pic

Participación da Coral Polifónica de Foz e o Coro Parroquial Virxa das Dores de Ferreira do Valadouro

O burato musical, episodio nº 8
January 09, 2012 07:39 AM PST
itunes pic

Carlos Portela desempolva os vinilos imprescindibles do pop-rock nacional dende os 80 ata hoxe, facendo un exhaustivo repaso por grupos como Los Ronaldos, Loquilo y los trogloditas, Gabinete Caligari,Héroes del Silencio, Antonio Vega, El último de la fila, Radio Futura, Siniestro Total, Iván Ferreiro, Estopa, Fito& Fitipaldis.

Crónica Deportiva, 26 de decembro de 2011, 4º programa
December 28, 2011 08:54 AM PST
itunes pic

Nun día especial para o director de Crónica Deportiva, Javier Pardiñas, (cumpleanos), ademais de Andrea, veñen ex-colaboradores de Radio Valadouro en temas deportivos como Ángel Vizoso e Joaquín Goás, e un gran agasallo cun invitado especial Carlos Mandiá, actual entrenador do Hércules de Alicante e ex-xogador profesional que é un icono deportivo neste val. Fálanos da súa traxectoria, de lembranzas e do presente coa súa habitual amabilidade.

Parolando, 15 de decembro de 2011
December 22, 2011 11:02 AM PST
itunes pic

Visita o programa, Adriana Pardo, artista e licenciada en Belas Artes,que fala da pintura, da docencia, da percepción infantil da arte e moitas máis cousas. Na sección do coloquio falan os empresarios para dar o se ponto de vista da crise actual. Pepe Peinó invita a falar da actual situación económica a Ángel Hermida de Muebles Hermida, Pepe de Tapizval, Javier Pardiñas, de Pardiñas Arquitectura e Construcción e Eduardo Rega de Carrocerías Hnos Rega.

Crónicas deportivas, 12-12-2011
December 15, 2011 10:38 AM PST
itunes pic

Outro reforzo de luxo para Radio Valadouro, Xabier Pardiñas que conduce o programa deportivo da nosa emisora local ao principio da semana. Pardiñas é representante de esa escola sobria e clásica da radio deportiva. Conduce coa axuda de Andrea, un programa fluido sen dúbidas e coa firmeza de quen sabe do que fala e cómo hai que comunicalo.
Unha das principais prioridades é por suposto, o deporte local, co Alfoz e Valadouro, como focos de atención, deportistas locais que triunfan a nivel galego como Gabriel Galante do Clube Castelarco. Non se esquecen do gran clásico Real Madrid-FC Barcelona que monopolizou a afección futbolística este fin de semana.

A min que máis me da! 2 de decembro de 2011
December 13, 2011 07:55 AM PST
itunes pic

Os mozos di IES Valadouro sempre foron atraídos pola Radio por medio de Pepe Peinó. Este é o segundo ano que se agrupan baixo o nome equívoco de "A min que máis me dá!".
Antonio, Daniel, Nerea Pena, Alma, Lucas, Andrea Cabanas, David, Sara e Sonia forman parte deste equipo no que falan de natureza, deporte, música, entrevistas e moito humor. Contrólalles a maquinaria o todoterreno Matías Nicieza.

Misterios, 30 de Novembro de 2011
December 07, 2011 08:14 AM PST
itunes pic

Eduardo Dominguez dirixe este espazo co propósito de sondear os misterios máis apaixonantes da historia. A Atlántida ocupa un lugar preeminente cando falamos de mundos perdidos e míticos.
(fonte da ilustración revistapredicciones)

O burato musical. programa nº 1
November 29, 2011 08:38 AM PST
itunes pic

O burato musical que idea e conduce Carlos Portela, pode ben ser unha das revelacións do ano en Radio Valadouro. Con feituras de comunicador sólido, Carlos conecta a gramola do burato como pretexto para falar dos vieiros da música e a súa relación con outros campos culturais e artísticos. A cousa promete e Wilco é a primeira aposta para o novo programa de Radio Valadouro.

Parolando 17 de novembro de 2011 (tempada 2011-2012)
November 19, 2011 03:37 AM PST
itunes pic

Volve Radio Valadouro con máis forza ca nunca co seu buque insignia Parolando encabezando unha extensa nómina de novidades nunha das parrillas máis completas dos últimos anos.

O magazine de Pepe Peinó, Matías Nicieza e Sabela Quirós, conserva con poucas modificacións a súa anterior estructura e iníciase esta nova tempada con dúas entrevistas mediáticas:

O Desván de Matías Nicieza invita a Félix Jorquera un dos responsabeis da máis nova radio mariñán, Radio Burela, Sabela entrevista pola súa banda aos protagonistas do popular programa gastronómico da TVG, Larpeiros.

No coloquio habitual, temas de actualidade como a crise económica, a primavera árabe ou o movemento dos indignados son analizados por Roberto Montero, José Yanes e Rafa Borrás.

Palabra e Memoria (Mesa redonda) episodio especial sábado 30 de xullo
August 23, 2011 09:39 AM PDT
itunes pic

Palabra e Memoria é unha actuación veciñal destinada a localizar, catalogar e estudar en profundidade o patrimonio inmaterial das dez parroquias do Concello do Valadouro. Con esta manifestación de compromiso comunitario e altruísta, preténdese transmitir vitalidade ao noso idioma milenario.
Palabra e Memoria é Lingua Viva, vigoroso instrumento de recordo da Historia feita polos que nos precederon e... vínculo integrador para nacidos e achegados a esta terra.

Destacamos a presenza na mesa-redonda das seguintes persoas: un párroco, un recoñecido e prestixioso lingüista do noso idioma, un home que foi durante moitos anos director do centro galego de Barakaldo e máis familiares que nos contarán de primeira man o seu testemuño.
Nota da Organización.

Parolando, 11 de agosto de 2011
August 16, 2011 09:19 AM PDT
itunes pic

O magazine máis veterán de Radio Valadouro sigue queimando etapas no período estival, na recta final da tempada.
Hoxe Sabela trae a súa sección invitados encantados de veranear ou vivir neste val, como Fernando, madrileño, os seus sogros, os ingleses Ron e Margaret, ou o seu amigo o búlgaro Ivo.
Matías Nicieza tra ao Desván a Bernardo Penabade, profesor xa coñecido nesta freecuencia que nos descubrirá a vida dun dscoñecido e gran divulgador burelés: José Antonio Lestao. Finalmente abordase o tema televisivo con Manuel Lourenzo, ademais doutras cousas, actor televisivo, e Ana Lorenzo, xornalista televisiva.

Next Page