Parolando, 16 de febreiro de 2012
O home bicentenario quería ser mortal pero o Parolando bicentenario quere ser inmortal e seguramente o conseguira na nosa memoria colectiva. Hoxe outra programa excepcional; Matías Nicieza invita a Daniel Veiga directivo da ACD As Minas de A Pontenova para falar dos proxecto na vida sociocultural deste concello mariñán.
Sabela cóntanos un fermoso proxecto do que forma parte: a Aula Coral do IES de Foz que dirixe o profesor de música Fernando Ayén, o resultado marabilloso segundo comprobamos cunha anxelical interpretación de Vois sur ton chemin.
Agustín Fernández cambia o paso para falar do desastre de Annual sofrida polo exército español en Marrocos no 1921, o seu socio na despenda literaria José Alonso fala de Jardiel Poncela, novelista, dramaturgo, hoxe algo esquecido.
A tenrura, sobre todo materna, dános un bico de leite no coloquio final coa presenza desta asociación mariñá que promove e defende a maternidade natural: Montse Espínola, María Xosé García, Iria Barro falan do apoio e asesoramente as nais que queren aleitar dende Bico de Leite (www.bicodeleite.blogspot.com)
![]()
Add to Playlists
Download episode